Los Peques de la Torre

Objetivos de Educación Infantil

Obxectivos xerais de ciclo
O segundo ciclo de Educación Infantil contribuirá a desenvolver nos nenos e as nenas as capacidades que lles permitan:
a) Coñecer o seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas.
b) Observar e explorar o seu ámbito familiar, natural e social. Coñecer e apreciar algunhas das súas características e costumes e participar activamente, de forma gradual, en actividades sociais e culturais do ámbito.
c) Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
d) Desenvolver as súas capacidades afectivas.
e) Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflictos.
f) Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
g) Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas, na lecto-escritura e no movemento, o xesto e o ritmo.

Obxectivos de etapa por área

Área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal

En relación coa área, a intervención educativa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:
1. Recoñecerse como unha persoa diferenciada das demais, identificando as propias posibilidades e limitacións, valorando a diversidade como unha realidade enriquecedora.
2. Formarse unha imaxe axustada e positiva de si mesmo, a través da interacción cos outros e do coñecemento das propias características, desenvolvendo sentimentos de autoestima e autonomía.
3. Progresar no control do corpo, desenvolvendo a percepción sensorial e axustando o ton, o equilibrio e a coordinación do movemento ás características do contexto.
4. Coñecer e representar o propio corpo, os seus elementos e algunhas das súas funcións, descubrindo e utilizando as súas posibilidades motoras, sensitivas, expresivas e cognitivas, coordinando e controlando cada vez con maior precisión xestos e movementos.
5. Identificar as propias necesidades, sentimentos, emocións ou preferencias, e ser progresivamente capaces de denominalos, expresalos e comunicalos aos demais, identificando e respectando, gradualmente, tamén os dos outros.
6. Adquirir progresivamente autonomía e iniciativa na realización das actividades habituais e tarefas sinxelas para resolver problemas da vida cotiá, aumentando o sentimento de autoconfianza.
7. Adecuar o seu comportamento ás necesidades e requirimentos dos outros en actividades cotiás e de xogo, desenvolvendo actitudes e hábitos de respecto, axuda e colaboración e evitando comportamentos de submisión ou dominio.
8. Progresar na adquisición de hábitos e actitudes relacionados coa seguridade, a hixiene e o fortalecemento da saúde, desenvolvendo estratexias para satisfacer as súas necesidades básicas, de xeito progresivamente máis autónomo, aumentando o sentimento de autoconfianza e a capacidade de iniciativa.
9. Aprender a gozar das situacións cotiás de equilibrio e benestar emocional, aceptando as pequenas frustracións, recoñecendo os propios erros, buscando e aceptando axuda cando sexa necesario para superar as dificultades.
10. Descubrir, coñecer e vivir o xogo como medio que favorece a propia aceptación, o desenvolvemento humano, a manifestación de emocións, o respecto aos demais, a aceptación das normas, a seguridade persoal e a aceptación da identidade sexual e cultural.

Área de coñecemento do ámbito

En relación coa área, a intervención educativa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:
1. Observar e explorar de forma activa o seu ámbito físico, natural e social, desenvolver o sentido de pertenza a este, mostrando interese polo seu coñecemento, e desenvolverse nel con certa seguridade e autonomía.
2. Relacionarse cos demais, de forma cada vez máis equilibrada e satisfactoria, interiorizando progresivamente as pautas básicas de comportamento social e axustando a súa conducta a elas.
3. Identificar e achegarse ao coñecemento de distintos grupos sociais próximos á súa experiencia, a algunhas das súas características, produccións culturais, valores e formas de vida, xerando actitudes de confianza, respecto e aprecio.
4. Indagar o medio físico manipulando algúns dos seus elementos, identificando as súas características e desenvolvendo a capacidade de actuar e producir transformacións neles.
5. Iniciarse nas habilidades matemáticas manipulando funcionalmente elementos e coleccións, identificando os seus atributos e calidades e establecendo relacións de agrupamentos, clasificación, orde e cuantificación.
6. Desenvolver e aplicar o pensamento matemático co fin de resolver problemas en situacións cotiás.
7. Interesarse polo medio natural, observar e recoñecer animais, plantas, elementos e fenómenos da natureza, experimentar, falar sobre eles e desenvolver actitudes de curiosidade.
8. Coñecer e valorar os compoñentes básicos do medio natural e utilizar as habilidades necesarias para comprender algunhas das súas relacións, cambios e transformacións, desenvolvendo actitudes de coidado, respecto e responsabilidade na súa conservación.
9. Coñecer as manifestacións culturais propias do seu ámbito, gozar con elas e valoralas, mostrando interese e respecto por aquelas propias doutras comunidades e cultura.

Área de linguaxes: comunicación e representación

En relación coa área, a intervención educativa terá como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:
1. Apropiarse progresivamente das diferentes linguaxes para expresar as súas necesidades, preferencias, sentimentos, experiencias e representacións da realidade.
2. Experimentar e expresarse utilizando as linguaxes corporal, plástica, musical e tecnolóxica, para representar situacións, vivencias, necesidades e elementos do ámbito e provocar efectos estéticos, mostrando interese e desfrute.
3. Utilizar a lingua como instrumento de comunicación, de representación, aprendizaxe e desfrute, de expresión de ideas e sentimentos, e valorar a lingua oral como un medio de regulación da conduta persoal e da convivencia.
4. Comprender as intencións comunicativas e as mensaxes doutros nenos e adultos, familiarizándose coas normas que rexen os intercambios comunicativos e adoptando unha actitude favorable cara á comunicación, tanto en lingua propia como estranxeira.
5. Achegarse ás producións de tradición cultural. Comprender, recitar, contar e recrear algúns textos literarios mostrando actitudes de valoración, desfrute e interese cara a eles.
6. Desenvolver a curiosidade e a creatividade interactuar con producións plásticas, audiovisuais e tecnolóxicas, teatrais, musicais, ou danzas, mediante o emprego de técnicas diversas.
7. Iniciarse nos usos sociais da lectura e a escritura explorando o seu funcionamento e valorándoas como instrumento de comunicación, información e desfrute.
8. Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira con intención comunicativa en actividades relacionadas coas situacións habituais da aula, e mostrar interese e desfrute ao participar nestes intercambios.
9. Iniciarse no uso de instrumentos tecnolóxicos, valorando o seu potencial como favorecedores de comunicación, de expresión e como fonte de información e diversificación de aprendizaxes.

Anuncios

PROYECTO SONRISAS SM

LA EDUCACIÓN DE LOS MÁS PEQUEÑOS

Let´s go Pocoyó

Contador de Visitas

Calendario

septiembre 2017
L M X J V S D
« Ago    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

EDUCAR

Educar es lo mismo que ponerle un motor a una barca. Hay que medir, pesar y equilibrar... y poner todo en marcha. Pero para eso uno tiene que llevar en el alma un poco de marino, un poco de pirata, un poco de poeta, y un kilo y medio de paciencia concentrada. Pero es consolador soñar, mientras uno trabaja, que ese barco - ese niño - irá muy lejos por el agua. Soñar que ese navío llevará nuestra carga de palabras hacia puertos distantes, hasta islas lejanas. -Gabriel Celaya-

Archivos

IMPORTANTE

La finalidad del uso de imágenes y vídeos de este blog es totalmente EDUCATIVA. Si estuvieran sujetas a derecho de autor, se ruega que se pongan en contacto con nosotros para ser retiradas de inmediato.

A %d blogueros les gusta esto: